jueves, 23 de abril de 2020

Día do LIBRO

Para celebrar o día do Libro  vimos dende o noso sofá unha divertida sesión de contacontos da man de María Xosé Martiñez.
Grazas amiguiñ@s por compartir con nós o voso libro preferido!!
Mirade que marcapáxinas máis chulos fixeron algúns compañeir@s... e Gala está compoñendo nun libro no que a protagonista é ela😱


miércoles, 22 de abril de 2020

Sodes uns artistas

A profe Chus vai estar contentísima:
fixestes un montón de manualidades e debuxos chulísimos👏👏
Temos que darlles as grazas  ás vosas mamás e ós vosos papás  porque vos axudaron moito.
Pero non todo vai ser pintar... Noa ten que atender a horta e está plantando leitugas, e Hugo axudalle ao seu papá na granxa


martes, 21 de abril de 2020

Cociñando debuxos

Xa van saíndo as vosas ensaladas 😋😋
Sara  esmérase para que a súa vaixela luza ben bonita!


lunes, 20 de abril de 2020

🏠Seguimos na casa🏠

Xa queda menos para volver a estar xunt@s, mentras vemos con moriña o que fan os nosos compañeir@s:

                                                          As nosas chefs😋😋

🎂 Aniversario de Lucía e Julieta 🎂

PARABÉNS  amiguiñas, celebrámolo na casiña!!

miércoles, 8 de abril de 2020

viernes, 3 de abril de 2020

jueves, 2 de abril de 2020

..e senon podo saír...pois divírtome así...

Estes días de quedar na casa xa se están a facer longos de máis, pero vós estádelos aproveitando moi ben, compártovos algunha das cousas que están facendo os vosos compañeir@s;
Simón pinta para recordar os números, Celia fixo un arco da vella precioso e escribe xenial, Noa ponse ao sol para debuxar sombras, Katia fai ioga concentradísima
Sara pinta e xoga coa súa irmá e disfruta de estar coa súa familia, Gala pinta e recorta , Julieta acordouse da profe e fíxome un retrato, Arón pinta cos rotuladores
Alex baila o shark baby e Hugo fai un circuíto correndo por toda a casa co seu boneco Jorgito.
Alex tamén fixo un debuxo moi chulo,Ángela pinta e escribe, Xabi cociña, fai ximnasia e co seu irmán artellaron un cartel para animarnos a todos
A Julieta gústanlle moito os contos e quixo compartir un con nós
Sofía xoga ao fútbol para manterse en forma, Katia escribe todo día, Ángela fixo un maceteiro precioso, Gala segue pintando e debuxando e Marcos aléntanos co seu sorriso e un fermoso arco da vella
Noa construiu unha casa para xogar no xardín, Laura pinta princesas e recorda os números e as letras, Martín fai circuitos larguísimos co seu papá, e eu...bótovos de menos😘😘