martes, 5 de diciembre de 2017

San Nicolás, Santa Claus ou Papá Noel

Hoxe Nicolás convidounos a biscoito porque mañá é o día do seu santo.
Sabiades que San Nicolás, Santa Claus e Papá Noel son o mesmo persoeiro.

martes, 7 de noviembre de 2017

😋Saboreando o outono😋

Probamos e saboreamos moitos froitos do outono:noces, abelás, améndoas, arándanos, uvas, figos,mazás,...tamén xogamos ás castañeiras e fixemos un pequeno magosto.


martes, 31 de octubre de 2017

miércoles, 25 de octubre de 2017

Aniversario de ROI

                                                                PARABÉNS!!

lunes, 11 de septiembre de 2017

O novo curso xa está aquí!!

Comezamos un novo curso con ilusión e alegría.
Damos a benvida a tod@s e dun xeito especial aos novos compañeir@s ESTER, SAMIRA  e GUILLE, e despedimos a CAITÁN desexándolle o mellor no seu novo cole.

lunes, 19 de junio de 2017

Publicación da revista ALBORADA

Xa está publicada a revista do noso cole ""Alborada 2017" nela podedes ver moitos dos traballos e actividades feitas por tódol@s nen@s do cole ao longo deste curso.

viernes, 19 de mayo de 2017

Os maios

Hoxe celebramos a Festa dos Maios,viñemos cargados de flores coas que  xogamos, pintamos, cantamos, experimentamos(mesmo fixemos colonia)e rematamos compoñendo👆O MAIO👆

miércoles, 10 de mayo de 2017

Á voltas coas emocións!😊😲😢😠

Preme na imaxe e verás un video do "Monstro das Cores" feito por un grupo de alumnas da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol.

martes, 4 de abril de 2017

FANTASÍA

Hoxe  foi un día especial; a Banda de Música do Concello de Lugo estreou no noso cole o seu novo espectáculo FANTASÍA.
Primeiro tivemos que almorzar de "pic-nic", porque prestamos as nosas sillas para a actuación, logo preparámonos cós gorros de mago e asistimos ao concerto de música e maxia.Como aínda quedamos con ganas vimos máis Fantasía e para rematar fixemos os nosos "pinitos" como magos.

sábado, 25 de marzo de 2017

Día da Árbore e da Auga

Esta semana celebramos o día da árbore e da auga; lembramos a importancia do consumo responsable da auga, contamos o conto " Eva, o trasno e o ameneiro", falamos do coidado e respecto ás arbores, plantamos ameneiros, dos soubemos que a súa madeira se empregaba para facer as zocas e atopamos unhas á medida da nosa mascota Muna!!

miércoles, 8 de marzo de 2017

Falamos de MULLERES

Fixemos un castelo para as nosas nenas
e lembramos ás mulleres máis importantes nas nosas vidas: AS MAMÁS