viernes, 23 de marzo de 2018

Chega a primavera!

Deixamos atrás o inverno e saímos observar que aconteceu
Fixémoslles uns comedeiros para os paxaros
Festexamos o día da árbore e da auga plantando uns salgueiros e gozamos co conto 
"A auga , o dragón e o salgueiro"



miércoles, 21 de marzo de 2018

Contacontos

Hoxe contáronnos un conto que non tiña título, tivemos que poñerllo nós.
Da mán de "Tú y yo...Educa"fixemos un percorrido polo noso corpo e 
descubrimos un agasallo ben bonito.

miércoles, 14 de marzo de 2018

☆CAE UNA ESTRELLA☆

Hoxe a profe Lucía Vázquez veu cos nen@a de 4 anos B e contounos un conto moi bonito que escribiu ela   CAE UNA ESTRELLA     Escoitámolo moi atentos, subímonos nunha nube e rematamos moi relaxad@s fundidos nunha aperta.
Moitas grazas Lucía por ter compartido con nós o teu libro.


jueves, 8 de marzo de 2018

Hoxe é o día das MULLERES

Mirade que ledas  as nenas da nosa clase festexando o seu día
Tamén debuxamos ás mulleres que son importantes na nosa vida
e fixemos un agasallo para as mamás, que sen dúbida, son as que máis contan