viernes, 28 de septiembre de 2018

😲Unha MANTIS na nosa ventá!😲

Hoxe cando chegamos á clase e miramos o comedeiro dos paxaros, non só vimos que  comeran toda a mazá que lle sobrou a Bruno, senon que ao ladiño, pegada á ventá había unha fermosa mantis relixiosa moi ben camuflada, observámola un bo rato, vimos que é moi curiosa e que se pasa moito rato limpiando as patiñas coma se fose un gatiño, vimos algún video para aprender máis cousas; soubemos que é capaz de xirar a cabeza  para tódolos lados, que come outros bichiños,...tamén a debuxamos e mesmo lle buscamos unha familia.

No hay comentarios :

Publicar un comentario