domingo, 1 de diciembre de 2019

A recortar!!

                                                Aprendendo a usar as tesoiras

sábado, 23 de noviembre de 2019

Contamos moito!!

                                                 Foi unha semana de moito conto


miércoles, 30 de octubre de 2019

👻Celebrando o Samaín, que noutros sitios lle chaman Halloween👻

Estes días xogamos co medo, fixemos cabazas saltarinas, disfrazámonos, contamos contos terroríficos,e mesmo lle demos vida ás cabazas que pintamos



viernes, 13 de septiembre de 2019

O 1º DÍA NO COLE

Unha imaxe vale máis que mil palabras, valorade vos mesmos como foi o noso primeiro día...
Deixovos tamén un enlace cunha poesía que reflicte moi ben como se senten os vosos nenos e nenas estes días http://infalbeiros.blogspot.com/2013/09/as-dubidas-do-pitino.html


viernes, 6 de septiembre de 2019

Comezamos un novo curso cheo de ilusións e proxectos.
Quérolles dar a BENVIDA aos meus novos alumn@s e ás súas familias, pedíndolles confianza e paciencia para afrontar esta etapa de adaptación que nos agarda nos vindeiros días.
Aquí vos deixo uns conselliños:




viernes, 21 de junio de 2019

FELICES VACACIÓNS!!

Como diría a miña mamá,"aló vai outra fornada".
Hoxe rematamos as clases e os meus pitiños xa voan cara Primaria, agardo que a semente de Infantil siga medrando nos vosos corazóns.
Quero agradecer ás familias o seu apoio e confianza nestes tres cursos.
Moitas grazas e ata sempre.

lunes, 17 de junio de 2019

Excursión a AVIFAUNA

Hoxe visitamos o parque ornitolóxico de AVIFAUNA, guiados por Jose,que sabe moitísimas cousas dos paxaros,vimos unha chea de aves, algunhas das que nin siquera oiramos falar.
Pasámolo xenial e aprendemos un montón.


lunes, 3 de junio de 2019

Hoxe fomos ao Mercado

Participamos no programa Pícar@s no Mercado,e fixemos unha visita a Praza de Abastos e o Mercado Municipal; guiados por Anabel fixemos un percorrido polas tendas e coñecemos ás fruteiras, ós carniceiros, ás peixeiras,ás panadeiras,... que nos contaron o que vendían en cadanseu posto. E tamén coñecemos a Fran un amigo da profe que é cego e que nos contou o que fai e como se manexa pola cidade.

sábado, 25 de mayo de 2019

Canto sabemos!! OS ROMANOS

 Loita de Gladiadores 
Espectáculos con orquestra 
Carreiras de cuadrigas
E somos uns expert@s no manexo da CATAPULTA

viernes, 17 de mayo de 2019

Semana das Letras Galegas

Coñecemos a figura de Antonio Fraguas
Representamos O Casamento da Pulga e o Piollo
Celebramos a festa dos Maios



miércoles, 8 de mayo de 2019

jueves, 25 de abril de 2019

jueves, 4 de abril de 2019

🌵Fajitas, tacos e nachos🌵

Agora afixémonos a andar de viaxe e non temos acougo... non podíamos deixar sin visitar MÉXICO😋😋😋

domingo, 31 de marzo de 2019

Xusto a tempo✌

De volta en Londres, logo da nosa particular Volta ao Mundo, co pasaporte cheo de selos e un montón de novas experiencias🌏

viernes, 15 de marzo de 2019

China

                                              Fixemos fideos chinos con polo e soia
                                                   E non foi doado comelos cos palillos
Tamén fixemos o noso Baile do DRAGÓN


viernes, 8 de marzo de 2019

Teatro Kamishibai

Hoxe visitounos  Natalia a mamá de Lúa; explicounos que é o KAMISHIBAI, a súa orixe e contounos unha historia moi bonita. Despois  fixemos cadanseu conto para contar no noso teatro Kamishibai  aos compañeir@s

Día da Muller

Un bico e unha aperta para todas as mamás😍