viernes, 21 de junio de 2019

FELICES VACACIÓNS!!

Como diría a miña mamá,"aló vai outra fornada".
Hoxe rematamos as clases e os meus pitiños xa voan cara Primaria, agardo que a semente de Infantil siga medrando nos vosos corazóns.
Quero agradecer ás familias o seu apoio e confianza nestes tres cursos.
Moitas grazas e ata sempre.

lunes, 17 de junio de 2019

Excursión a AVIFAUNA

Hoxe visitamos o parque ornitolóxico de AVIFAUNA, guiados por Jose,que sabe moitísimas cousas dos paxaros,vimos unha chea de aves, algunhas das que nin siquera oiramos falar.
Pasámolo xenial e aprendemos un montón.


lunes, 3 de junio de 2019

Hoxe fomos ao Mercado

Participamos no programa Pícar@s no Mercado,e fixemos unha visita a Praza de Abastos e o Mercado Municipal; guiados por Anabel fixemos un percorrido polas tendas e coñecemos ás fruteiras, ós carniceiros, ás peixeiras,ás panadeiras,... que nos contaron o que vendían en cadanseu posto. E tamén coñecemos a Fran un amigo da profe que é cego e que nos contou o que fai e como se manexa pola cidade.