jueves, 2 de abril de 2020

..e senon podo saír...pois divírtome así...

Estes días de quedar na casa xa se están a facer longos de máis, pero vós estádelos aproveitando moi ben, compártovos algunha das cousas que están facendo os vosos compañeir@s;
Simón pinta para recordar os números, Celia fixo un arco da vella precioso e escribe xenial, Noa ponse ao sol para debuxar sombras, Katia fai ioga concentradísima
Sara pinta e xoga coa súa irmá e disfruta de estar coa súa familia, Gala pinta e recorta , Julieta acordouse da profe e fíxome un retrato, Arón pinta cos rotuladores
Alex baila o shark baby e Hugo fai un circuíto correndo por toda a casa co seu boneco Jorgito.
Alex tamén fixo un debuxo moi chulo,Ángela pinta e escribe, Xabi cociña, fai ximnasia e co seu irmán artellaron un cartel para animarnos a todos
A Julieta gústanlle moito os contos e quixo compartir un con nós
Sofía xoga ao fútbol para manterse en forma, Katia escribe todo día, Ángela fixo un maceteiro precioso, Gala segue pintando e debuxando e Marcos aléntanos co seu sorriso e un fermoso arco da vella
Noa construiu unha casa para xogar no xardín, Laura pinta princesas e recorda os números e as letras, Martín fai circuitos larguísimos co seu papá, e eu...bótovos de menos😘😘




1 comentario :

  1. Que bonito velos a todos así de dispostos 🥰 Estano a levar moito millor cós adultos, seguro!
    Gracias Chelo por seguir tan perto de nós!!!

    ResponderEliminar